
Aqui estamos unha madrugada mais retrasmitindo para todo-los cerebros cansados e absortos no dia a dia. Hoxe vamos falar de unha serie de novelas e películas que so teñen unha cousa en común a personaxe do Dr. Hannibal Lecter
Thomas Harris: O pai da criatura
Todo comezou un dia de 1981 cando o susodito escritor lanzou ao mercado o Libro "Red Dragon" no cal relataba as fazañas de un asasino en serie que so mataba os dias de lua chea. Neste libro o Dr Hannibal Lecter sae nun plano secundario, cando un axente retirado do FBI lle pide consello.
Sete anos despois Thomas Harris da a luz o libro que lle daria prestixio internacional "The Silence of the lambs" no cal o Dr Lecter xa esta deteñido e o FBI precisa da sua axuda unha vez mais esta vez para atrapar a outro asasino que mata a mulleres de complexion grosa. O libro remata co Dr. Lecter fugado nalgunha parte de África.
Teria que chegar o 1999 para que Thomas Harris dera vida de novo a esta personaxe na novela "Hannibal" esta vez os feitos principais son directamente a captura do doutor por parte de dous bandos: o "legal" coa axente Clarice Starling á fronte e o FBI detrás, e por outro lado a "ilegal" realizada por unha das duas victimas que o Dr Leccter deixou vivas e que anela vinganza.
Por último Harris escribe no 2006 o libro "Hannibal Rising" que nos conta a infancia de Hannibal e trata de explicarnos o por qué das suas peculiaridades.
Do papel á gran pantalla
Todas as novelas sobre Hannibal levaronse ó cine pero nunha orde un tanto "peculiar"
En primeiro lugar levouse "Red dragon" co titulo de ManHunter e no estado español tan so Hunter
Despois do gran éxito da novela "The silence of the lambs" levouse ó cine unha película co mesmo título. Tivo un grande éxito e colleitou cinco óscars.
Cando Harris tivo rematado "Hannibal" a industria cinematográfica non quixo perder a oportunidade de adaptala ao cine e asi o fixo. Esta película é a mais mediocre de todas e discerne coa novela no final
Poucos anos despois e aproveitando o tirón do Dr Leccter, rodaron de novo a novela "Red Dragon" na cual fixeron un traballo bastante bó con un Edwuard Norton exemplar.
Por último este ano estreouse a pelicula basada na novela "Hannibal Raising" e que toma por título Hannibal: A orixe do mal, non podo facer comparación coa novela xa que non a lin pero teño entendido que fixeron un traballo de adaptación bastante bó, e o actor que encarna a Leccter faino realmente ben.
Sen mais deixo-vos deica outro dia, pero non sen antes recomendarvos que leades tóda-las novelas antes de ver as pelis para poder disfrutalas mais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario