
Xamais esquecerei aquela habitación; os mobles de madeira, a fiestra na parede do fondo coas cortinas corridas e a persiana entreaberta deixando pasar a luz do solpor, a roupa do dia anterior polo chan con un desorde xuvenil moi caracteristico e o remasters enrriba do escritorio. Pero sobre todo o estante, un estante de madeira levitando sobre a cama adornado con bonecas de porcelana.
Eu, infeliz agarrei unha para saber o que se sentia o ser portador de tan preciado obxecto, trasteando con ela, xogando sen coñecer o seu valor e a sua delicadeza, sendo case irreberente coma cando a un neno pequeno lle deixas as chaves do coche para que se entreteña mentras os maiores falan das banalidades da rutinaria vida contemporanea, case podo escoitar-los dicindo "¡coidado con elas! non a vais rachar", pero ti pensas "teñoo todo vaixo control, sei perfectamente o que fago".
craso erro
Quizais poidas entreteñer a boneca por unhes dias pode que incluso semanas pero chega o dia no cal nun descuido, nun intre imperceptible para o universo, a boneca esbarache das mans e cae, mentras ti quedas atonito coa mirada fixa no máxico obxecto caindo a alfombra tentando grabar na tua memoria a sua feitura por que sabes que esa brevisima caida será o último momento na que a vexas como a viches ata agora.Cando cae o chan a boneca non racha, simplemente está un pouco magullada, pero xa e tarde, un obxecto tal valioso non pode estar nas mans de alguén que o pode destrozar nun momento, a boneca ten que estar con alguén que a sepa coidar, que lle arranche o golpe e que xamais a deixe cair de novo, pero non e facil de comprender para a mente de un neno, e a reacción é obvia e cargada de xenreira durante un tempo. Ata que a ves, so ata que a ves de novo: está preciosa e sin un rasguño e entón, só entón a ira apagase con un mar de comprensión por que agora sabes, ainda que doia,
que non
que non podías coidar da bonequiña de porcelana.
que non podías coidar da bonequiña de porcelana.
joder estou escribindo de novo...
1 comentario:
Por favor meu non pares de escribir. O texto ten moito sentimento.
Un saudo
Ourlyn
Publicar un comentario