domingo, 22 de abril de 2007

Norwegian Wood


Xamais esquecerei aquela habitación; os mobles de madeira, a fiestra na parede do fondo coas cortinas corridas e a persiana entreaberta deixando pasar a luz do solpor, a roupa do dia anterior polo chan con un desorde xuvenil moi caracteristico e o remasters enrriba do escritorio. Pero sobre todo o estante, un estante de madeira levitando sobre a cama adornado con bonecas de porcelana.
Eu, infeliz agarrei unha para saber o que se sentia o ser portador de tan preciado obxecto, trasteando con ela, xogando sen coñecer o seu valor e a sua delicadeza, sendo case irreberente coma cando a un neno pequeno lle deixas as chaves do coche para que se entreteña mentras os maiores falan das banalidades da rutinaria vida contemporanea, case podo escoitar-los dicindo "¡coidado con elas! non a vais rachar", pero ti pensas "teñoo todo vaixo control, sei perfectamente o que fago".

craso erro

Quizais poidas entreteñer a boneca por unhes dias pode que incluso semanas pero chega o dia no cal nun descuido, nun intre imperceptible para o universo, a boneca esbarache das mans e cae, mentras ti quedas atonito coa mirada fixa no máxico obxecto caindo a alfombra tentando grabar na tua memoria a sua feitura por que sabes que esa brevisima caida será o último momento na que a vexas como a viches ata agora.
Cando cae o chan a boneca non racha, simplemente está un pouco magullada, pero xa e tarde, un obxecto tal valioso non pode estar nas mans de alguén que o pode destrozar nun momento, a boneca ten que estar con alguén que a sepa coidar, que lle arranche o golpe e que xamais a deixe cair de novo, pero non e facil de comprender para a mente de un neno, e a reacción é obvia e cargada de xenreira durante un tempo. Ata que a ves, so ata que a ves de novo: está preciosa e sin un rasguño e entón, só entón a ira apagase con un mar de comprensión por que agora sabes, ainda que doia,
que non
que non podías coidar da bonequiña de porcelana.


joder estou escribindo de novo...

1 comentario:

Ourlyn dijo...

Por favor meu non pares de escribir. O texto ten moito sentimento.
Un saudo

Ourlyn