A habitación está chea de unha neblina causada por os dous paquetes de American Flavour Winston clasisc red de rigor. ¡Merda! quedanme tan so dous cigarros, dentro de pouco terei que ir para a cama, entre a bretema apenas podo apreciar a disxuntiva entre a soidade asediante da miña alma que loita por permanecer esperto un par de horas mais (non sei moi ben con que motivo) e o pouco xuizo que conservo que me trata de meter na cama para poder facer de min unha persoa decente e respetabel. Pero o sono que non chega e La Polla Records que acompaña a Evaristo
[...]llega un sueño mejor, paga por tu ración[...]
Joder, cantas veces escoitaria este tema. E ¿que facer mentras Morfeo non chega para poder meterme na cama? vomitar sobre estas liñas pensamentos aleatorios sazonados con un toque de poesia barata.[...]el instinto cazador al amanecer me abandonó me abandonó, (coros) en la desolación[...]
Prendo outro cigarro, joder xa so queda un pito, e eu aqui escribindo o que fago as 4:51 da madrugada. Se puidera verme a min mismo dariame a risa. ¡Pero que carallo! non me vexo asi que vamos subir un pouco o volumen dos cascos[...]ES COJONUDO QUE UNO PUEDA DECIDIR DENTRO DE UN CIRCULO Y SIN PODER SALIR[...]
Que puta e a mente como reacciona ante as experiencias da vida, quen me iba dicir a min fai unhes anos que un dia estaria escribindo tratando de parecer profundo nun blog da internet (unha ironica duvida linguistica asaltoume de supeto, ¿como se escribe internet ou Internet? estamoslle outorgandolle mais poder que ao mismo deus asi que quizais non sexa mala idea comezar a escribilo con maiuscula...)[...]Oh Oh Oh ALICIA EN EL PAIS DE LA CODICIA[...]
Bon, un cigarro menos e un pouco mais preto da morte por cancro pulmonar ¿que fago agora? ogallá estivera alguén esperto por aqui preto, asi o tempo pasariame antes e quizais, só quizais o sono chegaria antes e poderia comezar outra vez a Mesma Merda nun Distinto Dia.Nestes momentos tentame o teléfono e penso en chamar a alguen para ter unha conversa que se prolongue durante horas pero despois comezo a mirar a axenda e non hai ninguen con que me apeteza falar, bon, pode que si pero ainda non estou tan tolo coma para chamar a alguén as 5.06 e dicirlle
-Ei! non teño puto sono por que a miña vida esta trastornada ¿apeteceche falar ata o mencer?
Non ainda non estou tan mal
[...]COMPAÑERO CIUDADANO PROCEDO A INFORMARTE QUE NO TE ENTIENDO NAAAAAAAAAAADAAAAAAAAAAA[...]
Bon, esto estame quedandome moi longo e quero fumar o ultimo pito no balcón asi que xa vos raiarei outro dia.
PD:Se alguén lle gustou o que acaba de leer suxirolle que o relea tantas veces como poida por que pode que non escriba mais veces. E se non che gustou: son as 5:11 am e non dou durmido ¿CREES QUE ME IMPORTA A TUA OPINIÓN?
PD2: Vou a subirlle un pouco mais o volumen dos cascos a ver se vos desperto nas vosas respectivas casas:
"Bronca y gas,
Barricadas en la ciudad
Situación de violencia.
Breiko a quien me escuche
Noche de rebelión
Detenidos
Y cabezas abiertas,
Con los medios habituales
Breiko a quien me escuche
Noche de rebelión
Confusión
Locura, rabia y agitación
Sirenas y carreras.
Breiko a quien me escuche
Fuego y cristal.."
No hay comentarios:
Publicar un comentario