
As farolas emitian os ultimos raios de luz para deixar paso o sol e de cando en cando via un taxi que, ademais de non querer (nin poder) permitirme, facia mofa da miña camiñata.
O primeiro cigarro prendino cando ainda estaba no seu portal co corazón batendome na cabeza cual martelo de ferreiro pelexando co ferro incandescente. Non puiden conteñer un sorriso cando voltei a cabeza antes de xirar a esquina para ver desaparecer o edificio.
O segundo, e último, prendino coa colilla do primeiro...
Entre o medio dos cigarros, a cabeza non me acougaba e érame imposible concentrarme noutra cousa que non fora o encontro que acababa de ter e a necesidade de dar outra calada. Ainda me soaba S.O.A.D. na testa coma se estivera ali, de feito estaba ali, durante os (eu que sei... 40?) 40 minutos de camiñata non estaba cruzando a cidade, estaba nun mar de cor morado con musica de fondo Israeli e unha cama como unica illa salvadora do naufraxio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario