sábado, 12 de diciembre de 2009
miércoles, 25 de marzo de 2009
¿?

Qué será dos pensadores livertarios dentro de 10 anos?
Qué será dos ecoloxistas que hoxe se penduraron da árbore mais alta do monte?
Qué será dos movementos de libertación nacional?
Qué será dos usuarios de software libre?
Qué será dos anticonsumistas e dos antiglobalización?
Qué será dos comunistas?
Qué será dos independentistas?
Qué será de nos?
Qué será de min?
Quizá nunca mais repare na beleza dun atardecer de outubro?
Mirarei con ollada normalizada ao obreiro que protesta na rua?
Vivirei para traballar nun "currito" que me afoga a ialma?
Ollarei ao chán con constante resignación?
Amedrentarame o dia que chega?
Lamentareime do dia que se foi?
Morrerei en vida?
e o mais importante...
Conseguirei aguantar a miña propia mirada nun espello?
Maio do 68.
Nacidos prá vencer.
[Lástima que perderan.]
jueves, 22 de enero de 2009
Chove, e non para.
Xa chegando ao outro lado paso baixo unha farola fundida e outra que pestanexa lentamente cada poucos segundos costandolle volverse encender, coma se foran os seus ultimos latexos de vida. Ninguén as cambiará en meses, de feito, tal vez nunca se cambien. Esto non e a Rua do Paseo cos seus luxosos edificios da banca aos lados, nin sequera é un barrio de nova construcción cheo de vida. Nesta zona os barrendeiros cada vez se adentran menos de madrugada e aos meniños non se lles permite pasear despois das 8:30, cando a escuridade se apodera da cidade.
Enfilo a miña rua por fin e alzanse ante min un sinfin de vivendas de clase media (que alguén me explique que carallo significa eso) onde se amontonan os corpos cansos e sin rostro do motor da sociedade. Aló ao fondo baixo dous enormes paraugas duas señoras estan de palique no medio da acera, arranxandolle a vida a filla de nonseiquén que se quedou preñada.
Aqui as paredes escupen a verdade a cara, o vento trae rumores universais e algunha esquina ten restos de sangue de inocentes, e non tan inocentes.
E mentres tanto chove, e non para.
Dios odianos a todos...
Pero en definitiva non culpemos a un ente supremo e todopoderoso que nin sequera reside xa no glamuroso olimpo, se non tan só no imaxinario colectivo de unha sociedade que precisa dun ser perfecto, do mesmo xeito que precisamos saber se Tom Cruise paseu hoxe pola 5ªAv.
Oh, mais lle vale...
jueves, 11 de diciembre de 2008
Se Bó
odiaba que os meus dedos floxos non acertaran nas notas.
Hoxe aprendin o último compás
e voei
a través de todos estes anos
e sorrin
dando gracias por non aprendela antes
Agora so queda unha cousa por facer
martes, 9 de diciembre de 2008
Que facer cando o chumbo desgarra o corazón?
que facer cando te endeudas de por vida?
que facer cando te quedas sen casa?
que facer cando o cotrol é dos bancos?
que facer cando renuncias ó estado?
que facer cando escoitas tres tiros?
e cae un irmán abatido?
xa o dicia o meu bisavó
O que sementa ventos...


Ás Barricadas
Isto non é para eles, senón para nós; para nosoutros, mesmo. Aquí non vai haber argumentos. O argumento é un e ben simple: só elixe libremente quen pode escoller, como certou Joan Garí o 26 de xuño no Público. Non o entende quen non quere. Isto non é un artigo: é unha incitación.
Unha mentira, unha trola, unha xarda, unha boga deixa de parecelo se se repite veces abondas. Canto máis se repita máis merda deita sobre a verdade. Isto non é outro post máis sobre lingua para os trolls. Non penso responder ghaviotadas nin animaladas polo estilo. Porque cansa. E hai tempo que isto non é un debate dialéctico, senón unha cuestión de Resistencia. Con maiúscula.
Así que hoxe vou aforrar enerxías. Vanme cumprir para asinar manifestos, ir a manifestacións, facerlles boicot a medios, ciclistas, modistos, cantantes, esixirlles aos políticos posicionamentos, recompilar argumentos e contraargumentos, responder ás agresións, debater na casa, nos bares, no choio. Na rúa.
Isto é o conflito lingüístico. Xa botarán de menos o bilingüismo harmónico. Empezaron eles.
Texto publicado no TemposDixital por Leo[nardo]
viernes, 28 de noviembre de 2008
incansable
non agarda recompensa no cumio
se lle preguntas, non saberia explicar
por que está subindo.
A cada paso que dá o monte asustase
as veces pisa demasiado forte
e a pedra cede ó seu peso
outras o paraxe, cansado da invasión
envia unha ráfaga de vento norte
e enviao de novo enbaixo,
ó maldito punto de partida.

Pero non deixo de ascender
incansable?
xa pode a rocha partir
ou o vento levarme.
viernes, 7 de noviembre de 2008
presa!

un pé tras outro, un pé tras outro
[bocanada de ar]
un pé tras outro, un pé tras outro
[bocanada de ar]
un pé tras outro
[bocanada de ar]
un pé tras outro
[cada vez mais quente]
un pé tras outro
[os pulmóns arden]
un pé tras outro
[lembras o dia que comezaches a fumar]
un pé
[os xemelgos comezan a cargarse]
un pé
[notas a fricción muscular dos abductores]
un pé
[a choiva que non da tregua]
un...
Por fin chegas o paso de peons, freas, e tomas aire. Chegaches a tempo!, comezas por fin a camiñar amodo cando o teu pe dereito, perde tracción contra o asfalto, notas que o mundo se ladea. Tanto da, chegas a tempo ainda que un pouco magullado, comezas a incorporarte
notas o cheiro a goma queimada
[pois co que chove non sei como arde]
o carro azul realmente está moi preto
[quizais non te viu coa choiva]
doenche as pernas
[queres pensar que por mor da carreira]
de supeto o coche afastase con rapidez
[ou quizais eres tu o que se move?]
a xente mírate coas mans na testa
[putos curiosos]
a cabeza bate contra o chan
[e chegache o sabor do sangue a boca]
-non, ainda peor, morreu de[presa].
miércoles, 29 de octubre de 2008
AnxoCaido
Polo de pronto sigo voando pero agardo, agardo temeroso de que o anxo escuro cumpla a sua misión e me leve ao inferno, onde eternamente recordarei as suas gadoupas contra a miña pel ferida e o seu alento no meu rostro.
domingo, 26 de octubre de 2008
Paseando...
Prendo un cigarro (un de tantos) dobro unha esquina e rememoro lembranzas de hai ¿cuanto? ¿2 minutos? Sonrio, tiro o cigarro, frustrome e chega á miña boca unha tos persistente e sanguenta.
Deixame pensar Morte, xa falamos outro dia...

martes, 14 de octubre de 2008
"As veces morrer e mellor que vivir"
"Daquelas as cousas estaban claras" apostillou, e que razón tiña, daquelas o inimigo estaba en frente tua esperando entablar combate e os compañeiros atras agardando a orde. Hoxe xa non se sabe onde están os malditos limites.
O meu bisavó morreu e deixoume en herdanza unha navalla de aceiro, castiñeiro e bronce que ainda atesouro e porto enriba, por que o que o meu bisavó non sabía era que as veces, só as veces vivir é mellor que morrer.
lunes, 6 de octubre de 2008
Pesadelo
miércoles, 24 de septiembre de 2008
Oh! RA
rápido e fugaz
Os fermosos detalles xa están esquecidos ou estarano deica pouco, coma o sabor das frias augas do embalse ou a textura da herba verde na caluga. Os rostros dos fillos dos emigrantes cambiaran deica o ano que ven, e os seus nomes iranse difuminando co paso do inverno, coma os soños que concretei durante estes meses de calor, reflexion e apatia.
Abrochense o cinto e poñan o asento en posición vertical...
Xa estou aqui de novo.

- Creo que sí, pero sé que no.
domingo, 8 de junio de 2008
Eu que sei
demasiadas boas cancións escoitei na miña vida
Matar non sempre é pecado,
as veces o sangue nas mans deveria estar xustificado
Percorrer a cidade só de madrugada non só é patético.
tamen é inspirador e un pouco maléfico
Os policias son mortos que camiñan,
fancendo enmudecer a xente cando os miran
O sexo deveria estar catalogado como droga
quero unha esquela no embigo de cada dona
Durmir é unha puta perda de tempo, JODER! ¿por que só consigo durmir cando quedo exausto ou menos o preciso?. Que se vaian a merda as comidas baixas en graxa e libres de carbohidratos, quero comer un filete de medio kilo pouco feito con media tonelada de preve graxento, que me axude a baixalo o peor licor que teña a man a taberneira, o alcohol mata e reconforta pois levase mais penas que neuronas cando ataca e o fume do tabaco dame un aire mistico e distinguido que consigue que a miña vida sexa coma un maldito anuncio de Malboro e quero parar a tomar aire pero non podo pois no meu peito non colle mais odio.
O demo existe, e esta nalgunhes de nós
se o sacas de min morro e se non, peor...
martes, 29 de abril de 2008
calor natural

A negrura da noite acariciabanos a pel
e a suave choiva aclarabanos a ideas
a idea atacou de supeto
e ninguen soupo defenderse dela
un para todos e todos para un
O miño roncaba miudiño, o fondo
e tras preguntar a hora
conversamos largo e tendido
cigarro vai, cigarro ven
o sendeiro escuro de volta a serra
arranca conversas filosoficas
Os mandos da carreta tomamos as rotondas
facendo relinchar os cabalos ata que se dobran
dobramos a esquina buscando algun sitio
para beber e respirar, cando un paisano
vestido de azul nos rouba quince minutos de vida.
Sendo moi cedo xa, conseguimos invadir Francia
e ainda que foron mais as veces que morremos
que as que matamos,
conseguimos conciliar o sono sen maior problema
que o cheiro a xofre no rostro,
que non e pouco...
sábado, 5 de abril de 2008
co corazón en obras...

As farolas emitian os ultimos raios de luz para deixar paso o sol e de cando en cando via un taxi que, ademais de non querer (nin poder) permitirme, facia mofa da miña camiñata.
O primeiro cigarro prendino cando ainda estaba no seu portal co corazón batendome na cabeza cual martelo de ferreiro pelexando co ferro incandescente. Non puiden conteñer un sorriso cando voltei a cabeza antes de xirar a esquina para ver desaparecer o edificio.
O segundo, e último, prendino coa colilla do primeiro...
Entre o medio dos cigarros, a cabeza non me acougaba e érame imposible concentrarme noutra cousa que non fora o encontro que acababa de ter e a necesidade de dar outra calada. Ainda me soaba S.O.A.D. na testa coma se estivera ali, de feito estaba ali, durante os (eu que sei... 40?) 40 minutos de camiñata non estaba cruzando a cidade, estaba nun mar de cor morado con musica de fondo Israeli e unha cama como unica illa salvadora do naufraxio.
jueves, 13 de marzo de 2008
NEVERMORE!
en el pálido busto de Palas que hay encima del portal;
y su mirada aguileña es la de un demonio que sueña,
cuya sombra el candil en el suelo proyecta fantasmal;
y mi alma, de esa sombra que allí flota fantasmal,
no se alzará...¡nunca más!."
Pelo de punta coma mastiles na bahia
Corazón aguillado con desidia
Ialma morta de novo a noitiña
[nunca se puido matar algo que non estaba vivo]
todo por sete liñas do teu recordo a min dirixidas...
martes, 19 de febrero de 2008
GALIZA NON SE V€ND€!
Multitudinaria manifestación en Compostela o pasado domingo para facerlle ver ao bipartito que, se queren seguir no poder deverán facer gala de un autentico governo de (nin sequera me atrevo a poñer esquerdas)
A manifestación descurriu moi ben, con un marcado ambiente festivo pero sen olvidar que o motivo de estar ali era a protesta e a visibilización do problemas ecoloxicos e ambientais na Galiza. En canto a cifras o de sempre, a organización di arredor de 10000, a policia que sobre 6000, o "Faro de Vigo" 8000, "La voz de galicia" menos de 5000...
Foran cantas fosen o importante e que a cidadania sen apoio de ningun partido politico con representacion parlamentaria, sen sair apenas nos medios e tendo todo en contra conseguiu que miles de galegos de todas as partes do pais, visibilizaran o seu problema e se decatasen de que non están sós.
Aqui deixo un video que topei no youtube de diversos actos que fixeron os diferentes colectivos e tamen da manifestación do pasado domingo:
martes, 12 de febrero de 2008
non
nunca
xamais
me faledes, coas bocas cheas de sabiduria
desa que tanto empregades, combinada
coa vosa mirada de desprecio, inherente
as vosas experiencias vitais, que se limitan
a madurar gardando as apariencias, para
poder finxir vivir.
vida
vida??
non merecedes pronunciar esas catro letras
se o unico que facedes e camiñar polo mundo
xuzgando, opinando e cortando a imaxinación
con tetricos fouces agachados no interior
da vosa propia agonia existencial
non
nunca
xamais
se vos ocurra tratar de axudar, a arranxar
unha vida que endexamais estivo rota
cousa que nunca saberedes, por que
non
nunca
xamais
estivestes vivos

