martes, 9 de diciembre de 2008

Ás Barricadas


Isto non é para eles, senón para nós; para nosoutros, mesmo. Aquí non vai haber argumentos. O argumento é un e ben simple: só elixe libremente quen pode escoller, como certou Joan Garí o 26 de xuño no Público. Non o entende quen non quere. Isto non é un artigo: é unha incitación.

Unha mentira, unha trola, unha xarda, unha boga deixa de parecelo se se repite veces abondas. Canto máis se repita máis merda deita sobre a verdade. Isto non é outro post máis sobre lingua para os trolls. Non penso responder ghaviotadas nin animaladas polo estilo. Porque cansa. E hai tempo que isto non é un debate dialéctico, senón unha cuestión de Resistencia. Con maiúscula.

Así que hoxe vou aforrar enerxías. Vanme cumprir para asinar manifestos, ir a manifestacións, facerlles boicot a medios, ciclistas, modistos, cantantes, esixirlles aos políticos posicionamentos, recompilar argumentos e contraargumentos, responder ás agresións, debater na casa, nos bares, no choio. Na rúa.

Isto é o conflito lingüístico. Xa botarán de menos o bilingüismo harmónico. Empezaron eles.


Texto publicado no TemposDixital por Leo[nardo]

No hay comentarios: