martes, 14 de octubre de 2008

"As veces morrer e mellor que vivir"

Eso foi o que me dixo un dia o meu bisavó mentres estaba deitado no piso do comedor coma tódolos dias despois de xantar. Daquelas pareceume un noble consello de parte dun home que viviu case todo o que se pode vivir (a emigración, a fame, a guerra...)

"Daquelas as cousas estaban claras" apostillou, e que razón tiña, daquelas o inimigo estaba en frente tua esperando entablar combate e os compañeiros atras agardando a orde. Hoxe xa non se sabe onde están os malditos limites.

O meu bisavó morreu e deixoume en herdanza unha navalla de aceiro, castiñeiro e bronce que ainda atesouro e porto enriba, por que o que o meu bisavó non sabía era que as veces, só as veces vivir é mellor que morrer.


Á memoria do meu bisavó Carlos e de tódalas preguntas que nunca lle fixen.






1 comentario:

Anónimo dijo...

Oh, menuda arrogancia pos aí para que non me pase co comentario!

Pois nada, que o texto demostra moito sentimento!

Saúdos dende a península :P

Betula