martes, 29 de abril de 2008

calor natural


A negrura da noite acariciabanos a pel
e a suave choiva aclarabanos a ideas
a idea atacou de supeto
e ninguen soupo defenderse dela
un para todos e todos para un

O miño roncaba miudiño, o fondo
e tras preguntar a hora
conversamos largo e tendido
cigarro vai, cigarro ven
o sendeiro escuro de volta a serra
arranca conversas filosoficas

Os mandos da carreta tomamos as rotondas
facendo relinchar os cabalos ata que se dobran
dobramos a esquina buscando algun sitio
para beber e respirar, cando un paisano
vestido de azul nos rouba quince minutos de vida.

Sendo moi cedo xa, conseguimos invadir Francia
e ainda que foron mais as veces que morremos
que as que matamos,
conseguimos conciliar o sono sen maior problema
que o cheiro a xofre no rostro,
que non e pouco...

No hay comentarios: