
O, como non, aposto detective privado colleu á, como non, loira e atractiva clienta e subiuna nun vello ford que devia ter case 15 anos. Puxose a conducir pola cidade. Facia unha noite preciosa. Cando chegou a un escampado parou as luces e tiveron unha charla longa e intensa sobre a recente morte do marido da loira despampanante. Abrazaronse en silencio un bo rato, mentres o home asustado trataba de manteñer a cabeza serena con un so pensamento: "É unha mala idea" Afortunadamente o momento pasa e, como non, acompañouna ata a casa.
-Boas noites. Dixo mentres se acercaba para darlle un bico na meixela.
-Si, boas. Ladeando a cara para recibi-lo bico.
Pero no ultimo intre o guion cambiou repentinamente. Colleulle a cara coa man e bicouna apaixoadamente nos beizos. Estiberonse bicando un bo rato ata que nun desvario de romántica tolemia el pronunciou as palabras.
-Querote
A loira votouse a chorar, saliu do coche, pechou a porta e marchou. O noso protagonista quedou un bo rato en silencio no coche tratando de por orde nas suas ideas e nos seus sentimentos, ata que comprende que non hay nada que facer. Porque as veces o duro detective privado non se leva a loira despampanante se non que simplemente acende a radio do coche e marcha para a casa chorando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario