martes, 10 de abril de 2007

Na Galiza en Galego

Bon, pois pensa que te pensa decidin mudar a lingua coa que "escribo" neste pequeno anaco de internet.

Cando empecei a empresa de realizar este blog sopesei os pros e os contras de facelo nunha lingua ou na outra, sen embargo hoxe mudei de opinion.
Para comezar crein que se o escribia en español poderia chegar a mais xente, sen embargo cabilando cheguei a conclusión de que eso e unha parbada xa que ainda tendo un dominio do ingles mais que suficiente para escribir as parvadas que aqui escribo case a diario non o fago so polo feito de que "calqueira o entenda"
Outra das grandes bazas para elexir a lingua española foi que todas as ferramentas do blogue estan en español e que ia "desentoar" , en cambio deime conta de que case todas esas ferramentas só as ve o administrador e non o usuario final polo que ese razoamento xa non era válido.
Por último cria que escribia mellor en español que non en galego, pero decateime de que escribo realmente mal en español e ademais de que se exercito a diario a miña escritura en galego a miña ortografia mellorará considerablemente.

Sen mais un saudo e desculpai por todalos erros que podo cometer tanto neste texto coma no futuro.

No hay comentarios: